A colección da biblioteca está orientada a ofrecer ferramentas para a formación, a información e o lecer de todo o público. Está constituída por diversos materiais: libros, publicacións periódicas, CD, DVD, BR, recursos electrónicos, libros electrónicos, música impresa, postais, carteis, etc. procedentes de compras e doazóns, tanto de institucións públicas e privadas como de particulares.
Boa parte dos exemplares dos que dispoñemos están en acceso libre, é dicir, ao alcance directo do público, organizados por seccións.
Grazas á configuración da Rede de Bibliotecas de Galicia, á colección propia da Biblioteca súmanse as dos outros centros, cuxos materiais poden solicitarse a través do servizo de préstamo interbibliotecario.
A nosa colección está en constante crecemento e mellora. Animamos aos nosos usuarios e usuarias a que participen activamente na actualización da nosa colección, facéndonos chegar as súas peticións mediante suxestións de compra.
