Infantil

A colección infantil está organizada en dúas grandes zonas:

  • Unha para os máis peques (de 0 a 7 anos) onde hai unha bebeteca, un lugar especial con contos adaptados para os bebés de 0 a 3 anos. É un espazo perfecto para descubrir os primeiros libros! 
  • Outra para os lectores de 8 a 14 anos

Tamén temos un recuncho para nais e pais, con libros e revistas sobre educación infantil e outros temas que lles poden interesar.

Para que sexa súper fácil atopar o que che gusta, os libros están clasificados nas seguintes seccións:

  • Fondo infantil de 0 a 7 anos
    • BB: bebeteca 
    • LS: libros sorpresa
    • AI: álbum ilustrado 
    • LM: poesía, rimas e adiviñas
    • PC: primeiros coñecementos
    • C: contos
  • Fondo infantil de 8 a 14 anos
    • Nos libros de ficción (novelas, poesías, etc.) puxemos un pouco de orde:
      • N : é para narrativa (e aquí tamén dividimos por xéneros como humor, terror, fantasía, aventuras, animais... con iconas divertidas
      • P : para poesía
      • T : para teatro
      •  COM : para cómics, mangas
  • Nos libros de información (os que che ensinan cousas chulas) están ordenados con números segundo a materia, seguindo a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal).


Ademais, aquí non só hai libros, tamén podes gozar dunha chea de cousas máis! Temos:
🎬 Películas
📺 Series
🎥 Documentais sobre natureza, saúde e máis
💻 Recursos electrónicos como programas e xogos
🎵 Música para peques
📚 Audiotextos
📰 Revistas

Por último, queremos destacar a Biblioteca Multilingüe, unha colección de contos e textos para todas as idades en todos os idiomas (inglés, francés, alemán, chinés, catalán, etc).