Asociación de Amigos dos museos de Galicia

Imaxe
Arte
Cultura e patrimonio
Historia, toponimia e xenealoxía
Todos os públicos

Grupo pioneiro en Galicia neste tipo de actividades en relación coa sensibilización do patrimonio cultural. As orixes hai que atopalas en 1975, cun grupo animado polo museólogo Felipe-Senén, arredor do Castelo de San Antón como "Colaboradores do Museo Arqueolóxico", coordinando actividades por toda a provincia coa axuda do malogrado investigador e arqueólogo submariño Rafael Mejuto García.