Biblioteatro

Imaxe
Presencial

Biblioteatro

Biblioteatro ten como finalidade ofrecer ás familias un espazo os sábados pola mañán onde a cativada pode desenvolver actividades de expresión e socialización que estimulan a súa capacidade creativa a través de diferentes actividades de animación teatral, expresión corporal e xogo dramático.

A actividade desenvolverase os sábados alternos do 7 de decembro ao 28 de xuño.A actividade é continuada polo que é preciso acudir todos os sábados. A falta de asistencia continuada ou sen xustificación suporá a baixa na actividade.

Publico destinatario: infantil, de 4 a 6 anos

Data e hora: sábados alternos de decembro a xuño,  de 10:30 a 12:00. (Non haberá actividade o sábado 4 de xaneiro)

Con inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 27 de novembro ás 9.00 h.