Exposicións e mostras bibliográficas

Imaxe
Presencial
Todos os públicos
0-3 anos
Infantil
Xuvenil
Público adulto
Maiores (+65 anos)
Persoas con discapacidade

As efemérides e datas sinaladas, sexan de relevancia local ou internacional, atopan sempre un espazo de reflexión na nosa biblioteca. Deseñamos as nosas mostras para espertar a curiosidade, invitar ao pensamento crítico e ofrecer novas olladas sobre o mundo que nos rodea.

Mostras bibliográficas

As coleccións que custodiamos nas bibliotecas son ventás abertas ao coñecemento. Entre as súas páxinas rexístranse a evolución social, os avances científicos, os debates éticos e a inmensa diversidade da experiencia humana ao longo do tempo.

Con motivo das conmemoracións do calendario, seleccionamos obras de ficción e non ficción que axudan a contextualizar cada temática. Organizamos e presentamos estes fondos dun xeito visual e atractivo para que descubras novas lecturas. Podes consultar a agenda nesta web para coñecer as mostras bibliográficas que temos activas neste momento.

Exposicións temporais

Xunto ás seleccións do noso propio fondo, a biblioteca é un espazo aberto a propostas externas: proxectos fotográficos, creacións artísticas, divulgación histórica ou iniciativas de concienciación social.

Calquera manifestación cultural ten cabida nos nosos espazos. Na axenda da web atoparás información detallada sobre as exposicións temporais vixentes e a súa localización no edificio.

Se tes un proxecto artístico ou expositivo e desexas presentalo na nosa biblioteca, estaremos encantados de recibir a túa proposta.