17 de Abril 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
Neste obradoiro creativo, os participantes converteranse en auténticos promotores de lectura. En pequenos grupos, escollerán un libro infantil da biblioteca e prepararán unha breve representación teatral para espertar o interese doutros lectores. Terán que presentar os personaxes, o conflito principal e rematar cunha frase intrigante.
Unha actividade dinámica que combina lectura, expresión oral e creatividade.
Data e hora: venres 17 de abril ás 18.00 h
Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos
Con inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 8 de abril ás 9.00 h.