Cambio e conto

Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra

Nano está moi feliz, naceu a súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela. Pero ao chegar a noite Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa.

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.

Este é NANO, unha ra que medra cos contos que eu mesma invento.

Público destinatario: infantil, de 1 a 4 anos

Data e hora: venres 2 de outubro ás 17.00 h.

Con inscrición previa na web da biblioteca a partir do 23 de setembro ás 09.00 h.