Contamos Contos de Lobos? é un espectáculo no que a participación activa do público e unha alta porcentaxe de improvisación colectiva son os ingredientes fundamentais. Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao público para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas.
Facendo unha escolla “aleatoria” de propostas como Carapuchiña, Os tres porquiños, Pedro e o lobo, Os sete cabuxos… proporemos interpretar esas historias coa axuda das nenas e nenos do público. Ao participar na dramatización da peza, trabállanse valores como a escoita activa, a empatía, entender outros puntos de vista… e todo dun xeito lúdico e dende o teatro.
Ao facer os contos guiados, faise fincapé na importancia da colaboración de todas e todos para que funcione a historia e aprender dela as mensaxes que trasladan: axudar e cooperar como xeito de construír conxuntamente unha peza teatral.
Data e hora: 27 de marzo ás 18.00 h.
Público destinatario: familiar, a partir de 3 anos.
Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.