Conversas en inglés

23 de Setembro - 08 de Outubro 2024, 13:45 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra › Pontevedra

A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido

a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar

tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.

Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica

e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a

expresión e gañar fluidez na comunicación.

Ao tratarse dunha actividade continuada  a non asistencia a máis de tres sesións suporá a baixa na actividade

Horario: martes alternos de 19:00 a 20:30 (de outubro a xuño)

Público destinatario:  xuvenil e adulto

Inscrición previa na web da biblioteca dende o 11 ao 18 de setembro.

 

Documentación