15 - 22 de Setembro 2025, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a expresión e gañar fluidez na comunicación.
As inscricións comezarán o día 15 de setembro ás 9.00 h
Data e hora: martes alternos (a partir do 7 de outubro) ás 19.00 h.
Público destinatario: xuvenil e adulto.