Galicia histórica. A historia da nosa terra na literatura : novela e cómics

16 de Setembro - 15 de Outubro 2024, 9:00 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra › Pontevedra

Dende os castrexos até o franquismo e a Transición, pasando por romanos, suevos, nobres, rebeldes, emigrados, loitadoras e piratas, Galicia goza dunha longa e vibrante Historia que non sempre tivo a fama merecida na literatura.

Con esta exposición tentamos visibilizar aos diversos autores e autoras que ambientaron as súas creacións en Galicia ou que contan un fito da nosa Historia.

Entre as pezas expostas, escritas en lingua galega e en castelán, contamos con novela histórica, tanto xuvenil coma para adultos, e banda deseñada. Hai obras de autores contemporáneos que se achegaron ao noso pasado así como de clásicos que escribiron sobre o seu momento histórico.

Nesta exposición amosamos algúns libros que forman parte do fondo desta biblioteca e invitámosvos a deixarnos as vosas suxerencias doutros que non estean expostos