A nube das palabras bonitas

Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra

Inspirándonos na poesía infantil de Gloria Fuertes e outras escritoras, este obradoiro invita á cativada a descubrir o poder das palabras. Despois de varias lecturas breves os nenos e nenas escollerán as palabras que lles transmitan emocións positivas como amizade, risa, agarimo… rotularanas e daranlle cor. Todas as palabras colgarán dunha nube que rematará cargada de boas intencións e bos pensamentos.

Data e hora: venres 2 de outubro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do  23 de setembro ás 9.00 h.