O Apalpador, monicreque de Nadal

22 - 23 de Decembro 2025, 11:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra

Obradoiro de títeres

 Construiremos un monicreque de man ou luva como ferramenta de promoción desta figura do Nadal galego. Farase un traballo creativo de estimulación da imaxinación individual. Cada participante deseñará os rasgos que definen ao personaxe segundo o seu parecer. Cos monicreques xa construídos farase unha pequena felicitación audiovisual.Diversión, aprendizaxe e socialización a través da arte!

Alguén dá máis?

Data e hora: 22 e 23 de decembro ás 11.00 h. (duas horas de duración)

Público destinatario: infantil de 7 a 12 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores día 10 ás 9.00 h.