Obradoiro de Ilustración Científica Mariña

Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra

Esta actividade ofrecerá unha introdución teórico-práctica orientada a potenciar a capacidade de comunicar coñecemento científico a través dá linguaxe visual e desenvolver habilidades de observación e representación gráfica, empregando técnicas tradicionais como o grafito, os lapis de cores, a acuarela e o punteado. Nesta edición, a temática xirará arredor dos organismos mariños, costeiros e oceánicos, poñendo o foco en diferentes especies de interese.

O obradoiro será impartido por  Gerardo Fernández e Nair Vilas, ilustradoras e investigadoras do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC).

Data: sábado 14 de novembro de 2026

Horario: de 11:00h a 13:00h

Público adulto. 20 prazas.

Inscricción: A partir do 4 de novembro de 2026

Inscricións na web https://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra