A Touporroutou

09 de Maio 2025, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra › Pontevedra

Contacontos con música

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos. Unha homenaxe ás cantareiras e a poesía popular oral.

Quen é? Para descubrilo, achegádevos coas orellas ben abertas para escoitar e descifrar cantigas. Vide cos ollos ben abertos para non perder detalle das historias que agochan moitos obxectos misteriosos. E vide coa boca ben aberta para recitar adiviñas, refráns, trabalinguas e para cantar!

Data e hora: venres 9 de maio ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de 5 anos.

Sen inscrición previa, ata completar o aforo da sala.