Ven con nós a celebrar o Día das Bibliotecas e participa no noso xogo por equipos con preguntas sobre literatura e artes, historia, xeografía, ciencia e natureza, entretemento, Pontevedra e a súa biblioteca pública. Cun taboleiro de elaboración propia e regras adaptadas, a actividade busca compartir coñecementos de forma amena. Está dirixida a persoas de 16 anos en diante, require inscrición previa e terá unha duración de entre 90 e 120 minutos.
Data e hora: vernes 23 de outubro ás 18.30 h.
Público destinatario: persoas de 16 anos en diante (incluidos)
Lugar: Salón de actos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 14 de outubro ás 09.00 horas.