Glup
16 de Maio, 18:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ramiro Neira

Hai momentos para compartir… Ten que haber momentos para compartir!!!! Hai que levar ós nenos/as á gardería, ir traballar, recollelos na gardería, facer a compra, ir ó banco, ó médico, coller o teléfono, voltar á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalos ó parque……!!!

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos disfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno… é o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense, en historias, soños, contos.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.