O gran desconcerto
30 de Maio, 18:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Andrea Freire

O concerto vai comezar ! Ah, pois non.

Agardade.

Algo pasa.

Vistes? Outra vez !

Que é iso!?!?

Acompáñamos a descubrilo neste terno espectáculo para xente miúda no que haberá sorpresas, xogo e, se cadra, algo de música.

Duración: 30 minutos. Capacidade: 30 nenos/as acompañados por 1 adulto.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.