Ler para escribir, escribir para ler

Imaxe
Presencial
Público adulto

Obradoiro de lectura e escritura.

O obxectivo deste obradoiro é establecer unha correspondencia enriquecedora, unha retroalimentación, entre a lectura e a escritura. Se queremos escribir literariamente a mellor maneira de aprender e mellorar é ler.  Por tanto, imos ler e a escribir, alternativamente, relatos e poemas tentando armar un fermoso quebracabezas de creatividade literaria. Como o faremos? Un día leremos un relato e comentarémolo tentando profundar o máximo posible en todos os seus aspectos.  No seguinte taller escribiremos os nosos propios relatos que enlazarán dalgunha maneira co relato lido. 

Cos poemas realizaremos o mesmo proceso.  Escolleremos entre un arco amplo de autores importantes e diversos para que a súa achega e ensino sexan o máis fértil posible.

Abramos as portas e as xanelas de par en par á nosa creatividade, á invisible alegría de crear, como dixo o mestre Steinbeck!

"Poñede á miña disposición un xornal de provincias e unha barraca de madeira cun cartel graxento e en tres días as cidades terán o cheiro da vainilla e dos portos abertos". MIRCEA DINESCU (poeta romanés, nacido en 1950)

Impartido por María Jesús Molina Raspal.

Todos os venres desde outubro de 2024 a xuño de 2025 en horario de 11.00 a 12.30 h.