A cargo de Miguel Canalejo
Este club pretende achegar as persoas participantes á lectura, análise e dramatización de textos teatrais.
A través do traballo en grupo realizarase unha exploración de obras clásicas co obxectivo de descubrir un novo modo de achegarse ao teatro.
Xoves alternos a partir do 15 de outubro de 16:00 a 18:00 h.
12 prazas
A partir de 16 anos
Inscrición previa a partir do 29 de setembro ás 8:30 h. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.