Animaliños

Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A

A cargo de Ramiro Neira

Animaliños é unha peza de narración oral que conta e dramatiza contos da tradición oral de todo o mundo.

Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia... A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ao bosque, á selva...

Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha urraca moi golosa e a un coello e un papagaio que teñen unha granxa.

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 23 de decembro ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.