Cantaruxa Catuxa

10 de Maio 2025, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A

A cargo de Aida Cobas

Catuxa é unha nena que pasa moito tempo coa súa avoa Adolfina, á que lle gusta moito cantar, canta todo o tempo, en calquera momento e fai percusión co que teña á man. Catuxa goza moito escoitando a súa avoa, parécelle moi ocorrente pero non se atreve a cantar canda ela. 

Adolfina dille "Cantaruxa Catuxa" pero a nena nada... Ata que un día á avoa ocórreselle un xogo que mudará as cousas: unha búsqueda do tesouro que se agocha no faiado. Terá que pasar unha serie de probas relacionadas co canto e coa percusión tradicional. Todo isto levará á nena a poñer en valor o patrimonio inmaterial custodiado pola súa avoa e por tantas outras mulleres ás que se lle adican este ano as Letras Galegas. 

Salón de actos

Público familiar a partir de 3 anos

Duración: 45 minutos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala