30 de Maio 2025, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A
Bebeconto a cargo de Raquel Queizás
Nano é maior e dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe, e rise dela.
Nano ten celos de Nona, "agora -pensa- todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá..."
Quere volver ser pequeno outra vez...
A cargo de Raquel Queizás.
Publico infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante
Lugar: Bebeteca
Duración: 30 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 21 de maio a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede a través de correo electrónico uns días antes da actividade.