Construción e programación de robots

Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A

A cargo de Enxeñolabs by Dismedia

O obxectivo da actividade é familiarizar aos participantes coas disciplinas STEAM, en concreto coa robótica, na resolución de problemas e na execución de proxectos para nenas e nenos entre 6 y 12 años, fomentando así o gusto e a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía.

A actividade consistirá en construír e programar por bloques un robot, empregandose unha metodoloxía activa na que os/as participantes resolverán un reto empregando o material facilitado.

Duración: 80 minutos

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 11:00-12:20 h.

Quenda 2: 12:30-13:50 h.

15 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 5 de novembro ás 08:30 h. a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de realizar a inscrición nas dúas quendas, e resultar admitida en ambas, asignaráselle praza na quenda na que se inscribise primeiro.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.