Elas pisaron a lúa

01 - 30 de outubro 2026, 8:30 - 20:30
Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A

Mostra bibliográfica

"Elas pisaron a lúa"



Do 1 ao 30 de outubro de 2026 no andar baixo.



A Biblioteca González Garcés da Coruña quere celebrar o 19 de outubro, Día das escritoras, cunha mostra bibliográfica sobre mulleres invisibilizadas, tomando o título dunha conferencia da novelista Belén Gopegui na que a autora madrileña, contando a historia da nai, coidadora dunha filla con parálise cerebral e máis tarde activista polos dereitos humanos, narraba tamén a de moitas mulleres cuxas vidas “non só merecen ser contadas, senón polas que habemos de loitar para que se conten, porque gañarlle a pelexa ás estruturas depende tamén das historias que teñamos”.

Estas palabras danlle corpo á idea de que a invisibilidade das mulleres en todo ámbito social ou laboral debe desaparecer cara a unha igualdade real na que o xenio non sexa unha característica exclusiva dos homes, deixando o papel de musa para as mulleres.

Temos nesta mostra a autoras cuxas obras foron asinadas polos seus maridos e as que tiveron que firman con pseudónimos masculinos para poder publicar. Temos tamén exemplos das científicas que sufriron discriminación, menoscabo ou mesmo roubo das súas achegas e outros exemplos nos que o labor delas quedou oculta ou excluída fronte á dos seus compañeiros.

Por iso dicimos que elas tamén pisaron a lúa, inda que foron expulsadas das historias e da historia. Esperamos que vos guste.