Hello Mousy!

Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A

A cargo de Kids&Us

Nesta actividade os nenos e nenas de 1 ano coñecerán a Mousy, un adorable ratiño da súa mesma idade que está desexando facer novos amigos. Nunha contorna totalmente inmersiva en inglés, exploraremos xuntos a maxia que esconde a súa caixa secreta: gozaremos con pompas de xabón, faremos soar as maracas e descubriremos notas máxicas no xilófono. Unha experiencia sensorial única para estimular os seus sentidos, familiarizarse co idioma de forma natural e compartir un momento inesquecible en familia (cada neno/a debe vir acompañado de polo menos dun adulto).

Público infantil de 1 ano (nacidos/as en 2025) con persoa adulta acompañante

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 17:00-17:30 h.

Quenda 2: 17:40-18:10 h.

7 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 11 de setembro ás 8:30 h. a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de realizar a inscrición nas dúas quendas, e resultar admitida en ambas, asignaráselle praza na quenda na que se inscribise primeiro.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.