O teléfono móbil desde 0

09 - 20 de Setembro 2024, 10:00 - 13:00
Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A

Curso de alfabetización dixital

Curso dirixido a persoas que desexen iniciarse no manexo de teléfonos móbiles.

Os alumnos e alumnas aprenderán, entre outras cousas, a chamar e recibir chamadas, xestionar os seus contactos, configurar tons e avisos, localizar e descargar aplicacións, usar Whatsapp.

Datas: Do 9 ao 20 de setembro de 10:00 a 13:00 (30 horas)

Lugar: Sala clubes de lectura

Público: xuvenil e adulto

18 prazas

Inscrición a través de formulario web a partir do 26 de agosto