Ondamini con Mamá Cabra

Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A

A cargo de Mamá Cabra

Mamá Cabra fai un casting musical entre o público miúdo. Búscanse músicas e músicos con enerxía de cabra, ritmo de cabra e moitas, moitas ganas de facer a cabra! Cancións para movernos, para bailar, para cantar. Un repertorio interactivo  que busca a participación e o xogo con música. Cantos para non deixar nunca de ser nenas e nenos. 

Público familiar e infantil a partir de 4 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala