Paxariña

03 de Outubro 2025, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A

A cargo de Soledad Felloza

Unha paxariña, un avión ou un papaventos, cousas da maxia, colles un papel e tes un mundo novo...

Na mesa poñemos o mantel, e unha xerra con auga fresquiña da fonte e froita, e logo convidámoste a unha merenda de historias e versos. 

Historias de primavera, para os máis pequenos da casa.

A cargo de Soledad Felloza.

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos 

15 prazas

Inscrición previa a partir do 23 de setembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.