30 de Maio 2026, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A
A cargo de Teatro dos Ghazafelhos
Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que vén ás veces xogar con elas.
Pero temen que ese día chova, pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ate pechalas no curral… coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e siga a xogar con elas.
Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika, Amores Serodios.
Duración: 50 minutos
Público familiar a partir de 4 anos
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala