A viaxe das bolboretas

05 de Setembro 2025, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A

Por Chespir Teatro

Un vermiño vai da laranxeira ao limoeiro. 

Non é moito camiño, máis será unha viaxe apaixonante!

Un espectáculo pensado e creado para os máis cativos, con elementos sinxelos; caixas, ruídos, luces, cores... con esta pequena peza pretendemos que os nosos nenos e nenas abran os seus ollos e os seus sentidos. 

A cargo de Chespir Teatro. 

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos 

15 prazas

Inscrición previa a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.