Dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria
A QUEN VAN DIRIXIDAS?
Alumnado de Educación Infantil e Primaria de centros educativos de Pontevedra. Os grupos serán dun máximo de 25 alumnos/as acompañados sempre por un docente.
-
Educación Infantil
Presentación da biblioteca integrada nunha dinámica de contacontos, con preguntas e interacción co alumnado. A actividade principal será un contacontos e, ao terminar, poderán explorar libremente a sala infantil.
-
1º Ciclo de Primaria.
Breve introdución aos servizos e recursos da biblioteca e á organización da sala infantil. A actividade principal será un ou varios minijuegos adaptables ao grupo segundo a dinámica e feedback deste.
-
2º e 3º Ciclo de Primaria
Presentación dos servizos da biblioteca e, no 3.*º ciclo, introdución básica ao catálogo. A continuación, realizarase un xogo da Oca con probas adaptadas ao nivel de cada ciclo, relacionadas coa lectura e a biblioteca. Finalizará cun tempo libre para explorar a sala.
DURACIÓN DAS VISITAS
A duración as visitas será de 1 h máximo.
HORARIO
Mércores de novembro a maio. Duas sesiós ao día de 10:00 a 11:00 e de 11:00 a 12:00.