No obradoiro exploramos a arte de crear con papel. A través de técnicas das luminarias, descubrimos xuntos como este material sinxelo convértese nunha ponte cara á imaxinación.
É unha invitación para aprender e divertirnos, experimentando coas mans e as ideas. O papel transfórmase en esceario, en personaxes, en historias que viaxan e compártense coa luz.
Con máis de 30 anos de experiencia na arte do teatro de papel, comparto non só técnicas, senón tamén a paixón por narrar, xogar e crear. A lectura é sempre o punto de partida, fonte inesgotable de inspiración para dar vida ás nosas creacións.
Máis que manualidades, este obradoiro e un espazo para contar historias, espertar a creatividade e cultivar o amor polos libros.
Esta xornada realízase unhas luminarias tradicionais de primavera, na que cada participante, recrea os seus gustos sobre a natureza, sentimentos e obxectos persoais especiais.
Ao finalizalas, preséntanas ao grupo e explican o seu significado.
Data e hora: venres 29 de maio ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil de 6 a 12 anos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 20 de maio ás 09.00 h.