Presentaráselle aos nenos e nenas unha misteriosa maleta chea de obxectos común e outros sorprendentes: unhas gafas de sol, unha toalla, un mapa, unha cámara de fotos, unhas chancletas… A través de pistas, xogos e preguntas, os pequenos e pequenas terán que adiviñar quen se está preparando a súa viaxe de verán e a onde pensa ir. Cada novo obxecto agocha unha pista diferente que fará voar a imaxinación e fomentará a participación do grupo. Ao final da actividade, cada neno e nena poderá crear e preparar a súa propia maleta de viaxe con diferentes obxectos, escollendo aquilo que levarían para vivir unhas vacacións inesquecibles.
Data e hora: venres 5 de setembro ás 17.00 h.
Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 27 de maio ás 09.00 h.