Obradoiro de maxia

12 de Xuño 2026, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra

Chega o Obradoiro de Maxia Infantil, unha experiencia única de hora e media onde os nenos e nenas non só aprenderán maxia, senón que convertiranse en magos e magas o final do obradoiro!

Que imos facer nesta experiencia completa de 1h 30min?

  • Aprendizaxe de maxia: Descubriremos os segredos mellor gardados dos magos.
  • Fabricación de xogos: Cada participante fabricará os seus propios xogos de maxia coas miñas explicacións paso a paso.
  • Espectáculo final: O momento estrela! Os propios pequenos realizarán un pequeno show final onde presentarán e compartirán o aprendido.

-Data e hora: venres 12 de xuño ás 18.00 h.

-Público destinatario: infantil, de 7 a 12 anos

-Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 3 de xuño ás 9.00 h.