Contacontos para bebés: A biblioteca dos pequenos
Programa de animación á lectura destinado aos mais pequenos (0-3 anos) que se realiza en xoves alternos (de outubro a maio). Inclúe monicreques, contacontos, teatro, obradoiros, etc.
Reserva de praza dende o luns anterior á actividade na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.
Contacontos para cativada: Os sábados conto
Programa semanal de animación á lectura dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos. Celébrase todos os sábados (de outubro a maio).
Inclúe monicreques, contacontos, teatro, talleres, etc.
Reserva de praza dende o luns anterior á actividade na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.
Obradoiros e laboratorios culturais, artísticos e tecnolóxicos
A biblioteca organiza actividades vinculadas ao lecer, a ciencia e a cultura para os máis pequenos, especialmente nos periodos vacacionais invernal e estival. Para informarvos destas actividades tedes esta web, as redes sociais, o boletín ou a axenda da biblioteca.
Obradoiro de cómic
Obradoiro regular que ven realizándose dende hai 17 anos na biblioteca. Trátase dun programa semanal de aprendizaxe práctico e integral de banda deseñada. Ensina, aproveitando os recursos existentes na biblioteca, e dun xeito práctico, as formas de expresión e as técnicas de traballo que implica a publicación dun cómic. Este obradoiro desenvólvese en sesión semanais dunha hora e media todos os sábados do curso escolar impartido por María Vilar.
Visitas escolares
Teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas.
Durante a visita os escolares visualizarán vídeos explicativos da historia, funcionamento e recursos da biblioteca, pasarán polo espazo de exposición e consulta de libros curiosos, e gozarán de contacontos, xogos e actividades didácticas na área infantil.
Requírese inscrición previa chamando ao teléfono 886 120 440, achegando os seguintes datos :
- Nome do centro, persoa de contacto e teléfono
- Idade dos escolares
- Número de participantes
Clubs de lectura infantil e xuvenil
Nun club de lectura un grupo de persoas reúnense de maneira regular para por en común a lectura dun libro. Nos clubs de lectura infantil e xuvenil selecciónanse libros e actividades vinculadas á lectura axeitadas ás idades e intereses da cativada e da mocidade. Actualmente a biblioteca conta con dous clubs de lectura para a rapazada:
- Infantil: venres alternos de 19.00-20.00 h.
- Xuvenil: venres alternos de 19.00-20.00 h.
Os clubs realízanse regularmente entre os meses de outubro e maio.