Colección de préstamo

Sala préstamo

Situada na planta baixa da biblioteca está formada por todo tipo de materiais (libros, películas, CDs musicais, DVD, etc.), organizada por materias e xéneros. Todos os documentos están en libre acceso e dispoñibles para o préstamo a domicilio. Esta colección de libros prestables está dividida en dous grandes bloques:

  • Libros informativos ou de coñecemento clasificados polos códigos de materias da Clasificación Decimal Universal (CDU)
  • Libros de narrativa, teatro e poesía coa seguinte clasificación:
    •  N (narrativa)
    • NC (ciencia-ficción)
    • NF (fantástica)
    • NH (histórica)
    • NI (intriga)
    • NR (romántica)
    • NT (terror)
    • P (poesía)
    • T (teatro)

Xunto con estes dous grandes bloques existen na sala de préstamo outras agrupacións de libros específicas e de menor tamaño:

  • Xuvenil
  • Banda deseñada e cómic
  • Narrativa noutras linguas
  • Viaxes e guías de viaxe
  • Oposicións
  • Igualdade
  • Bibliosaúde

Esta colección complétase coa parte localizada no depósito xeral, que tamén é préstable, facilitada polo persoal da biblioteca. Son aquelas sinaturas que empezan por DEP ou DEP COM seguidas por un número.