Espazo infantil

Bebeteca

A colección infantil está destinada aos lectores de 0 a 14 anos, e está situada nunha sala no semisoto da biblioteca destinada ao uso das persoas máis pequenas. Dispón dun completo fondo onde atopar información xeral e especializada. Os menores de 6 anos deberán estar acompañados sempre dunha persoa adulta.

A colección divídese en:

  • Libros de narrativa e cómics diferenciados por xéneros e idades:
    • Azul: ata 5 anos.
    • Vermello: de 6 a 8 anos.
    • Verde: de 9 a 11 anos.
    • Amarelo: de 12 a 14 anos.
  • Obras de consulta e referencia divididas en materias e temáticas mediante a Clasificación Decimal Universal (CDU)
  • Revistas.
  • Audiovisuais (DVDs, CDs, audiolibros)
  • Literatura en linguas estranxeiras
  • Libros xogo
  • Troquelados e pop-up
  • Aprender a ler
  • Sección de nais, pais e mediadores
  • Bebeteca (cor morada): libros e materiais para prelectores.

Neste andar realízanse moitas actividades de animación á lectura (contacontos, obradoiros, lecturas en voz alta...), de pasatempo, música, traballos manuais...