Comicteca

A comicteca, situada na planta baixa, está formada por cómics de tódolos xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, superheroes, ciencia ficción, etc.) e procedencias. Está clasificada segundo as orixes estilísticas da banda deseñada con referencias ás súas rexións: América, Europa, Asia, España e Hispanoamérica e Galicia. Cada clase ten un símbolo diferenciado: bandeiras que identifican as áreas xeográficas e a letra "ñ" no caso do cómic español e hispanoamericano, tamén acompaña a estes símbolos unha sinatura:

  • COMA Cómic americano
  • COME Cómic europeo
  • COMEH Cómic español e hispanoamericano
  • COMG Cómic galego
  • COMX  Manga
Sinaturas comicteca