O fondo local reúne toda a información que ten a Biblioteca sobre Vigo.
Está formado por libros, revistas, audiovisuais (películas, música, etc.), mapas e outros materiais.
O fondo local consta de dúas coleccións: Depósito Legal e Fondo Vigo.
O procedente do Depósito Legal é de consulta en sala e pódese solicitar en hemeroteca. Son os materiais cuxa sinatura comeza polas letras DL.
A colección Fondo Vigo fórmase con materiais que traten sobre a cultura, historia, xeografía e sociedade da nosa cidade. Estes materiais pódense localizar no catálogo polas sinaturas que comezan por FV e son facilitados polo persoal bibliotecario. Entre eles hai algúns fondos prestables.
