A xestión do depósito legal en Galicia é competencia da Xunta de Galicia, que exerce a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en virtude das tranferencias nesta materia realizadas pola Administración do Estado (Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo).
A Biblioteca Pública de Vigo é depositaria dunha das copias de preservación que cada editor facilita para constituir a colección de preservación do depósito legal. Isto supón que a nosa biblioteca acolle un exemplar de todo o editado en Vigo dende o ano 1958 e que esta colección que está ao dispor da cidadanía por medio da consulta en sala.
Os materiais desta colección identifícanse no catálogo por medio da sinatura que comeza por DL.
