A biblioteca accesible

A Biblioteca accesible ten como obxectivo que toda persoa con calquera tipo de discapacidade poida acceder á biblioteca e aos recursos informativos que hai nela, en igualdade de condicións que as persoas sen discapacidade.

A biblioteca pon á disposición dos usuarios e usuarias que o precisen ordenadores e periféricos adaptados, actividades de animación cultural, formación de usuarios e unha colección accesible con libros e audiovisuais.

Colección accesible

Pequena colección de libros dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Localízase na planta baixa coas sinaturas LG (letra grande) e LF (lectura fácil).

Lectura fácil