Na sala de lectura, situada no primeiro andar da biblioteca, atópanse as obras de consulta e referencia. Estas conteñen información de tipo xeral e especializada clasificada por materias, son obras básicas e de consulta rápida.
A meirande parte das obras atópanse nos andeis da propia sala en acceso directo, é dicir, que podemos consultalas sen mediación do persoal bibliotecario.
Estas obras non se prestan, só poden ser consultadas na propia sala, polo que para facer uso destes fondos non é necesario ser socio da biblioteca.
Podemos atopar:
- Dicionarios e enciclopedias que conteñen información xeral e especializada de todas as materias ordenadas mediante sinaturas da CDU.
- Manuais, bibliografías, anuarios, directorios e outras obras de consulta ordenadas mediante sinaturas da CDU.
- Fondo Galicia: constituído por libros sobre a cultura, ciencia, xeografía e historia da nosa comunidade autónoma. Distínguese polo GA inicial da sinatura.