Colección accesible

Esta pequena colección de libros está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Forman parte dela:

  • Libros de lectura fácil. Libros elaborados con especial coidado para poder ser lidos e comprendidos por persoas que teñen dificultades lectoras e/ou de comprensión. O público ao que se dirixen é: persoas xordas de nacemento ou con xordeira precoz, con algunha discapacidade psíquica e a persoas con outras doenzas como dislexia, autismo, afasia...Tamén están indicados para inmigrantes recentes. Desígnanse coa sinatura LF
  • Libros en letra grande. Presentan unha letra máis grande do habitual e diríxense a persoas maiores e persoas con dificultade de visión, atópanse coa sinatura LG.
Lectura fácil