ExpressArte

15 de Marzo 2025, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A

Obradoiro de cómic

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO

Achegarémonos da man da ilustradora ás bases do cómic. Reconstrución dunha escena, personaxes, acción e expresión...

Cada asistente ao obradoiro creará o seu álter ego, convertíndoo na personaxe da historia. 

Obradoiro a cargo de María Lires

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Duración: 60 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 5 de marzo a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede a través de correo electrónico uns días antes da actividade.