Dirixidos a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria e de 1º a 4º da ESO
Descobre os nosos Clubs de Lectura na Biblioteca Pública de Pontevedra!
Gústache imaxinar, soñar e viaxar a lugares máxicos? As boas historias fanche pensar, sentir ou ver o mundo doutra maneira? Entón os nosos clubs de lectura son para ti!
Na biblioteca poñemos en marcha dous espazos pensados para compartir o pracer de ler, debater, participar en actividades creativas e facer novas amizades, sen exames nin tarefas:
-
Club de Lectura Infantil (de 3º a 6º de Primaria) Unha porta aberta a mil aventuras, personaxes sorprendentes e xogos inspirados nas nosas lecturas.
Cando: Venres alternos (18:00 a 19:00 h) | Outubro 2026 - Maio 2027
Onde: Sala Infantil da Biblioteca
-
Club de Lectura Xuvenil (1º a 4º de ESO) O espazo ideal para descubrir novidades, clásicos e títulos elixidos entre todos, opinando e debatendo en liberdade.
Cando: Venres alternos (18:00 a 19:00 h) | Outubro 2026 - Xuño 2027
Onde: Biblioteca Pública de Pontevedra
Inscricións:
Ambos os clubs requiren inscrición previa na web da biblioteca a partir do luns 14 de setembro ás 09:00 h.
Non importa canto leas, o único requisito é ter curiosidade e ganas de pasalo ben. Esperámoste!