Audiovisuais

A Sección de Audiovisuais conta cunha colección de vídeos, DVD, CD e CD-ROM e casetes que poden consultarse na propia Biblioteca ou levarse en préstamo a domicilio.

Os documentos sonoros clasifícanse en:

  • Audiotextos
  • Bandas sonoras e outras músicas funcionais
  • Música clásica
  • Jazz e Blues
  • Músicas do mundo
  • Música pop e rock

As películas tamén se clasifican por xéneros: Acción e aventuras, Animación, Cine de Autor, Cine Bélico...

Os Audiovisuais informativos levan o número que se corresponde coa materia segundo a C.D.U.

Todo o material desta sala debe escoitarse por auriculares. 

Audiovisuais
Normas de uso dos reprodutores de dvd e blu-ray

 

  • Para utilizar os reprodutores de dvd e blu-ray é preciso ter carné de biblioteca.
  • Para o uso dos reprodutores de dvd e blu-ray situados no 2º andar hai que pedir un mando en préstamo no mostrador desa sala. O préstamo só se fai co carné da biblioteca.
  • O carné é persoal e intransferible polo que non pode usarse o doutra persoa, tampouco se aceptan autorizacións.
  • Non está permitido utilizar os televisores sen o mando. O mando pode usarse 2 veces ao día por un tempo máximo de 3 horas.
  • A sanción por non respectar estas normas é de 3 días sen poder levar nada en préstamo nin usar os reprodutores de dvd e blu-ray.
  • A persoa que ten o mando en préstamo é a súa responsable ata a devolución.
  • No caso de que as pilas desaparezan durante o seu uso, bloquearase á persoa ata que as repoña e terá unha sanción de 7 días sen poder levar nada en préstamo nin usar os reprodutores de dvd e blu-ray.
  • Os mandos deben devolverse sempre ao persoal da biblioteca, non poden deixarse enriba do mostrador nin noutro lugar.
  • O incumprimento desta norma sancionarase cun día sen poder levar nada en préstamo nin usar os reprodutores de dvd e blu-ray. No caso de non haber persoal da biblioteca no mostrador do 2º andar, devolverase no mostrador do andar baixo.
  • As películas deben deixarse nun carro, nunca nas mesas nin nas cadeiras.


O incumprimento destas normas pode conlevar a suspensión do uso do Carné de usuario/a da Rede de bibliotecas

Audiovisuais