A Biblioteca accesible ten como obxectivo que toda persoa con calquera tipo de discapacidade poida acceder á biblioteca e aos recursos informativos que hai nela, en igualdade de condicións que as persoas sen discapacidade.
A biblioteca pon á disposición dos usuarios e usuarias que o precisen ordenadores e periféricos adaptados, actividades de animación cultural, formación de usuarios e unha colección accesible con libros e audiovisuais.
A esta oferta, engádese un edificio dotado dunha infraestrutura accesible: ascensores, baños adaptados, accesos sen escalos e con portas de apertura automática, mobiliario adaptado para a consulta de catálogos...

Equipamento Informático
A biblioteca dispón dos seguintes medios informáticos específicos:
Hardware: 2 ordenadores de sobremesa, un no andar Infantil e outro no 2º, que contan con periféricos e programas especialmente adaptados a persoas con problemas físicos ou cognitivos.
Periféricos: 1 rato de bola xigante, 1 rato de bola pequena, 1 conmutador tipo botón, 1 rato tipo joystick, 1 rato para queixo con brazo, 1 teclado simplificado de letras grandes e 1 teclado Braille.
Software: programa de entrada alternativa de texto Dasher; Programa de configuración do rato de queixo BJ (Bjoy configurador); Programa de actividades para a pantalla (FAM Armoni); Distribución de teclas especiais para BigKeys LX (configurador de teclado letras grandes); Lector de pantalla JAWS; Realización alternativa de clicks: Point-N-Click (rato virtual); Click-N-Type (teclado virtual); Programa Daisy de lectura.
Así mesmo, a Biblioteca conta con 10 portátiles Netbook para uso público.

Colección Accesible
Pequena colección de libros, audiovisuais e documentos electrónicos dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Localízase no 2º andar e na Sala Infantil.
Animación Cultural
Ao longo do ano programamos varios contacontos infantís en lingua de signos. Un contador ou contadora da Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia interpreta os contos en lingua de signos para os que non poden ouvir e unha intérprete faino en voz alta para os demais. Deste modo, tanto ouvintes coma non ouvintes familiarízanse con esta lingua.
Ocio
Dispoñemos dun xadrez especialmente deseñado para integrar ás persoas invidentes neste xogo.
