A sección Fondo local reúne toda a información relativa a Santiago de Compostela e ao Camiño de Santiago.
Está formada por libros, revistas, audiovisuais, mapas, libros en braille... tanto para o público adulto como para o infantil.
Todos os documentos levan unha signatura que comeza por FL (Fondo Local) e un rótulo temático. Algúns son prestables a domicilio e outros non. Os de consulta en sala (non prestables) están marcados cun punto vermello.
