Sección de prensa e publicacións periódicas formada por:
- Prensa local e rexional.
- Periódicos de distribución nacional.
- Algúns títulos de diarios económicos.
- Algúns títulos representativos da prensa estranxeira.
- Semanarios de información xeral, suplementos semanais, etc.
- Revistas especializadas de todas as materias: literatura, arte, arquitectura, informática, deportes, cultura, natureza, ciencia, etc.
- Revistas de temas locais e rexionais.
As revistas que poden levarse en préstamo a domicilio están indicadas como prestables.
Na Hemeroteca hai un ordenador para a consulta de diarios electrónicos e un escáner.